Lémbrovos que estamos co concurso
Investigando a ciencia, posto en marcha o
Día da ciencia en galego. Este concurso desenvolverase ao longo de todo o curso. Periodicamente irán aparecendo distintas leis sobre as que teredes que responder un pequeno cuestionario, similar ao que tedes para esta primeira lei. A lei está exposta no vestíbulo e as preguntas son:
|
Foto: C. de Paz |
- Cal é o nome co que se coñece esta lei?
- Quen formulou esta lei por primeira vez e en que século?
- A que ciencia pertence a lei e que función, utilidade ou sentido ten?
Presentade na biblioteca un folio coa formulación da lei e as respostas ás cuestións anteriores. Non esquezades poñer o voso nome. A final de curso sortearase, entre os participantes que teñan respondido correctamente a tódalas leis propostas, un bono de 30 euros da FNAC. O concurso está dirixido a tódolos alumnos do centro, agás os que cursen algún dos ciclos de grao superior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario