29 nov 2012

Unha visita moi especial


Con motivo do cincuenta aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, o 22 de Novembro deste ano tivemos unha visita moi especial na biblioteca do noso Instituto. Os convidados foron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, e Pepe Barro, deseñador do grupo Revisión. Despois dunhas palabras do presidente da Academia o alumnado de 2º de bacharelato tributou unha homenaxe ás nosas letras co recitado de textos e poemas de Luz Pozo Garza, Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño, e a interpretación dunha peza musical co saxo alto por parte de Ana Suárez. Co aire aínda vibrando visitamos na entrada do instituto a exposición dos carteis do proxecto “A volta das letras en cincuenta días”. Aproveitamos tamén para quedar cun bo recordo, exemplares do libro editado pola Real Academia Galega “Todas as letras” asinados por Xosé Luís Méndez Ferrín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario