Organizada
pola biblioteca do noso instituto e coa colaboración de alumnado de
2º de bacharelato, montamos no vestíbulo do noso centro a
exposición da Real Academia Galega “50 voces para o 50 aniversario
do Día das Letras Galegas”. Os cincuenta cartaces que conmemoran o
cincuenta aniversario foron feitos para lembrar que levamos cincuenta
anos celebrando a festa das nosas letras. Cada cartaz desta
iniciativa cultural ten como protagonista a unha figura importante
para a nosa literatura e a nosa cultura (poetas, ensaístas,
dramaturgos, novelistas) e xorde como resultado da colaboración
entre escritores/as e deseñadores/as actuais.
Podedes ver a reprodución dos 50 carteis premendo aquí.
Outros sitios de interese:
- O libro Todas as letras do Día das Letras Galegas
- O símbolo oficial dos 50 anos
- L anos despois, texto de Mercedes Queixas Zas
Parabéns por esta magnífica iniciativa de visibilidade para a literatura galega, de onte a hoxe.
ResponderEliminar