Este xoves, 31 de xaneiro, damos fin ao Ciclo de Cine "Terror e
Suspense" coa proxección do gran clásico do cine de terror "Nosferatu"
de F.W.Murnau. Non vola perdades! Preme no cartaz para obter máis información.
29 ene 2013
23 ene 2013
Cine-fórum. Os paxaros
Este xoves, 24 de xaneiro, retomamos o Ciclo de Cine "Terror e Suspense" coa proxección da película "Os Paxaros" de Alfred Hitchcock. Coma sempre terá lugar na Biblioteca do centro ás 16:30 da tarde. Esperámosvos a todos e todas. Para obter máis información, preme no cartaz.
Etiquetas:
cine-fórum,
cinema
11 dic 2012
Cine-fórum. Ameaza na sombra
O xoves 13 de decembro proxectarase na Biblioteca a 4º película do Ciclo
"Terror e Suspense": "Ameaza na sombra" do director británico Nicolas
Roeg. Se queres informarte máis polo miudo, preme no cartaz.
Etiquetas:
cine-fórum,
cinema
29 nov 2012
Unha visita moi especial
Con motivo do cincuenta aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, o 22 de Novembro deste ano tivemos unha visita moi especial na biblioteca do noso Instituto. Os convidados foron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, e Pepe Barro, deseñador do grupo Revisión. Despois dunhas palabras do presidente da Academia o alumnado de 2º de bacharelato tributou unha homenaxe ás nosas letras co recitado de textos e poemas de Luz Pozo Garza, Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño, e a interpretación dunha peza musical co saxo alto por parte de Ana Suárez. Co aire aínda vibrando visitamos na entrada do instituto a exposición dos carteis do proxecto “A volta das letras en cincuenta días”. Aproveitamos tamén para quedar cun bo recordo, exemplares do libro editado pola Real Academia Galega “Todas as letras” asinados por Xosé Luís Méndez Ferrín.
Etiquetas:
Actividades
19 nov 2012
Exposición 50 voces para o 50 aniversario do Día Das Letras Galegas
Organizada
pola biblioteca do noso instituto e coa colaboración de alumnado de
2º de bacharelato, montamos no vestíbulo do noso centro a
exposición da Real Academia Galega “50 voces para o 50 aniversario
do Día das Letras Galegas”. Os cincuenta cartaces que conmemoran o
cincuenta aniversario foron feitos para lembrar que levamos cincuenta
anos celebrando a festa das nosas letras. Cada cartaz desta
iniciativa cultural ten como protagonista a unha figura importante
para a nosa literatura e a nosa cultura (poetas, ensaístas,
dramaturgos, novelistas) e xorde como resultado da colaboración
entre escritores/as e deseñadores/as actuais.
Podedes ver a reprodución dos 50 carteis premendo aquí.
Outros sitios de interese:
- O libro Todas as letras do Día das Letras Galegas
- O símbolo oficial dos 50 anos
- L anos despois, texto de Mercedes Queixas Zas
13 nov 2012
Cine-fórum. Os Outros
Nesta semana, dentro do Ciclo de "Terror e Suspense", proxectarase "Os
Outros" do director español Alejandro Amenábar. Para obter máis
información preme no cartaz.
6 nov 2012
Cine-fórum. Resident Evil
Dentro do Ciclo Terror e Suspense, este xoves, 8 de novembro, proxectarase na Biblioteca, coma sempre ás 16:30, a película Resident Evil de Paul W.S.Anderson.
Se queres ter máis información, preme sobre o cartaz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






