29 ene 2013

Cine-fórum. Nosferatu

Este xoves, 31 de xaneiro, damos fin ao Ciclo de Cine "Terror e Suspense" coa proxección do gran clásico do cine de terror "Nosferatu" de F.W.Murnau. Non vola perdades! Preme no cartaz para obter máis información.

23 ene 2013

Cine-fórum. Os paxaros

Este xoves, 24 de xaneiro, retomamos o Ciclo de Cine "Terror e Suspense" coa proxección da película "Os Paxaros" de Alfred Hitchcock. Coma sempre terá lugar na Biblioteca do centro ás 16:30 da tarde. Esperámosvos a todos e todas. Para obter máis información, preme no cartaz.

11 dic 2012

Cine-fórum. Ameaza na sombra

O xoves 13 de decembro proxectarase na Biblioteca a 4º película do Ciclo "Terror e Suspense": "Ameaza na sombra" do director británico Nicolas Roeg. Se queres informarte máis polo miudo, preme no cartaz.

29 nov 2012

Unha visita moi especial


Con motivo do cincuenta aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, o 22 de Novembro deste ano tivemos unha visita moi especial na biblioteca do noso Instituto. Os convidados foron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, e Pepe Barro, deseñador do grupo Revisión. Despois dunhas palabras do presidente da Academia o alumnado de 2º de bacharelato tributou unha homenaxe ás nosas letras co recitado de textos e poemas de Luz Pozo Garza, Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño, e a interpretación dunha peza musical co saxo alto por parte de Ana Suárez. Co aire aínda vibrando visitamos na entrada do instituto a exposición dos carteis do proxecto “A volta das letras en cincuenta días”. Aproveitamos tamén para quedar cun bo recordo, exemplares do libro editado pola Real Academia Galega “Todas as letras” asinados por Xosé Luís Méndez Ferrín.

19 nov 2012

Exposición 50 voces para o 50 aniversario do Día Das Letras Galegas

Organizada pola biblioteca do noso instituto e coa colaboración de alumnado de 2º de bacharelato, montamos no vestíbulo do noso centro a exposición da Real Academia Galega “50 voces para o 50 aniversario do Día das Letras Galegas”. Os cincuenta cartaces que conmemoran o cincuenta aniversario foron feitos para lembrar que levamos cincuenta anos celebrando a festa das nosas letras. Cada cartaz desta iniciativa cultural ten como protagonista a unha figura importante para a nosa literatura e a nosa cultura (poetas, ensaístas, dramaturgos, novelistas) e xorde como resultado da colaboración entre escritores/as e deseñadores/as actuais.
Podedes ver a reprodución dos 50 carteis premendo aquí.

Outros sitios de interese:


 

13 nov 2012

Cine-fórum. Os Outros

Nesta semana, dentro do Ciclo de "Terror e Suspense",  proxectarase "Os Outros" do director español Alejandro Amenábar. Para obter máis información preme no cartaz.

6 nov 2012

Cine-fórum. Resident Evil

Dentro do Ciclo Terror e Suspense, este xoves, 8 de novembro,  proxectarase na Biblioteca, coma sempre ás 16:30, a película Resident Evil de Paul W.S.Anderson. 
Se queres ter máis información, preme sobre o cartaz.